lunes, 2 de mayo de 2011

LETRAS GALEGAS 2011 " LOIS PEREIRO"

Este ano adícaselle a Lois Pereiro o Dia das Letras Galegas,
durante toda a semana traballaremos diferentes actividades
como: crucigramas, sopa de letras, ...etc.

BIOGRAFÍA:
Aínda que a vida de Lois Pereiro aparece ligada á vila luguesa de Monforte de Lemos
as súas orixes familiares sitúanse nas terras
do Incio, na montaña de Lugo.
A familia paterna era a de orixe máis humilde, o seu avó Manuel traballou dende os sete
anos e o seu irmán maior non tivo máis remedio que coller o mesmo camiño que un
grande número de galegos e galegas e emigrar a Cuba.
Manuel, o avó, quedou en Galicia, e abriuse
camiño como madeirista. Da súa  unión con Pura Vila naceu un único fillo, Manuel, ao que
mandaron a estudar Dereito a Madrid. Unha vez conseguido o título de avogado traballou
unha tempada de pasante, aínda que rematou á fronte dun taller de cristalería en Monforte, no mesmo no que anos máis tarde, traballaría o seu fillo Lois.
A familia materna proviña de Santa Cristina de Viso, da vila luguesa do Incio, da chamada Casa Castelo, e era unha familia con máis solvencia económica.
Os avós maternos, Hermenegildo Pereiro e Balbina Pontón, tiveron tres fillos: Carmen,
Inés e José Luis.
Ambas as dúas familias coincidían nas festas e había entre eles unha boa relación, consecuencia da cal foi o matrimonio, en 1955, de Manuel Sánchez e Inés Pereiro.
Inés conseguiu o título de profesora de primaria e exerceu, dende os dezaoito anos,
en aldeas da provincia de Lugo. O matrimonio tivo tres fillos, Xosé Manuel, Lois e Inés

     Luís Ángel Sánchez Pereiro naceu o 16 de
febreiro de 1958, domingo de Entroido, en
Monforte de Lemos, na mesma casa que
construíra o seu avó Manuel a comezos dos
anos cincuenta. Esta casa estaba situada a
rentes do que antes fora o solar do Stadium
do Lemos F.C., na estrada a Ourense.
O que sería coñecido como Lois Pereiro, era
o segundo dos dous irmáns. Xosé Manuel
nacera dezasete meses antes. Ambos os
dous quedaron ao coidado de Emilia Expó-
sito, unha muller que entrara na casa cando
seu pai aínda estaba solteiro.
Os seus primeiros anos de vida pasaron entre Monforte, durante o curso escolar, e as
aldeas dos avós en Reádigos e Santa Cristina no verán.
En 1975, Lois, con dezasete anos, marchou
a Madrid para estudar na universidade a carreira de Socioloxía.
Pouco durou esta primeira experiencia madrileña para Lois, pois antes de rematar o
primeiro trimestre do curso escolar, e aproveitando as vacacións que deran pola morte
do ditador Francisco Franco, regresou a Monforte, poñéndose a traballar na cristalería de
seu pai, e colocando vidros polas obras da
contorna.
Un ano despois regresa a Madrid e matricú-
lase na Escola Oficial de Idiomas, onde estuda inglés, francés e alemán.
Son os anos da transición á democracia e
Lois asiste a recitais, concertos, proxeccións
na Filmoteca...
Nesa época coñeceu a artistas galegos como
Reimundo e Antón Patiño, Manuel Rivas,
Menchu Lamas.... Con eles, e co seu irmán
2 MONFORTE-MADRID
Lois, xogando na sala da casa de Monforte.
Arquivo familar Sánchez Pereiro
Lois Pereiro, á dereita, co seu irmán Xosé Manuel,
nunha foto do colexio dos Escolapios, en Monforte de Lemos.
Arquivo familar Sánchez PereiroBIOGRAFÍA DE LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS 2011                                                             5
Xosé Manuel, crearon e editaron a revista
Loia, da que só se publicaron catro números
e estaba editada en fotocopias.
É a epoca das súas viaxes por Europa, visitando en tren Centroeuropa, Gran Bretaña e
Irlanda.
Esta segunda etapa madrileña vai rematar
traxicamente. No ano 1981 intoxícase pola
inxesta de aceite adulterado, o aceite desnaturalizado de colza. Unha intoxicación que
provoca a morte de máis de seiscentas persoas e a enfermidade de preto de vinte mil.
Os primeiros meses son de desconcerto pois
aínda se descoñece a orixe da enfermidade
pero, unha vez diagnosticada e comezadas
as sesións de rehabilitación, decide deixar
Madrid e voltar definitivamente a Galicia.
Estableceuse na Coruña, na casa do seu irmán Xosé Manuel, na rúa Costa Rica, vivenda que compartirían coa súa irmá pequena,
Inés.
Nesta época traballa esporadicamente en dobraxes e guións para a TVG e noutros programas audiovisuais experimentais.
A  Agrupación Cultural O Facho, da Coruña,
concédelle, o 19 de novembro de 1982, o
primeiro premio do seu Concurso Nacional
de Poesía. É o único premio literario que Lois
vai conseguir ao longo da súa vida.
Nos anos 1984 e 1985 participa en dous libros colectivos, De amor e desamor, publicados por Ediciós do Castro, de Sada. Este
libros darán nome a toda unha xeración de
poetas galegos, retratados de maneira xenial por Ricardo Carvalho Calero
                                                  
   (Fonte: Seminario Galán)

No hay comentarios:

Publicar un comentario